QUEN SOMOS

A  Tenda da Gata é  en esencia Un Proxecto de Consumo Responsable

¿ Quén está detrás da Gata?

Pois eu, son Yolanda Valcárcel,  veño dunha familia rural galega non moi lonxe da cidade de Pontevedra , crieime rodeada de horta, viñas, animáis domésticos, froitas, flores…. cunha alimentación baseada na comida de tempada fresca e natural, alimentación que os meus pais nos inculcaron.

Estudiei Turismo , diferntes cursos de cociña pola miña conta e outros tantos para adquirir coñecementos que me interesaban, son tremendamente curiosa e dinámica e traballei en diferente empresas ben coñecidas.

É cando fai uns 6 anos, e logo da crise tremenda que nos acontece, decidín volcarme  no que me apaixonaba e no que cría, o consumo responsable e na cociña natural de tempada, a gastronomía, cociña ,sempre foi a miña paixón e comenzamos coa ” Jata Pelexa” que era algo así coma un “Furancho da Horta” onde cociñaba ,so no verán,  o que a nosa finca familiar e  a natureza nos oferecía ,  indagando cada vez máis sobre os usos e a diversidade de pratos  que se poden facer con cada unha das froitas e legumes de cada estación …. A natureza e moi sabia e hanos prover cada tempada dos nutrientes precisos para unha alimentación saudable.

¿ Por qué consumir todo todo o ano alimentos naturais que son de tempada?

Finalmente estamos a consumir produtos fora de tempada que veñen de moi lonxe  cheos de fitosanitarios, pesticidas para que esteen ou aparenten estar frescos e saudables , e polo contrario  son alimentos kilométricos que non favorecen a nosa saúde e menos a saúde do planeta.

Comenzar con esta pequena “horta de Verán” A Jata Pelexa, levoume a  mudar definitivamente cara unha vida natural, en contacto coa natureza e cos produtos frescos de tempada, ecolóxicos e artesanáis.

Ao pasar dous anos abro  na Praza da Verdura ” A Tenda da Gata” , que estivo aberta ali  dous anos e medio para mudar , en outubro de 2106 ,a un punto máis céntrico , a Rúa Peregrina 22. Que agora é un punto de venda , xa que, polo momento non pode manterse, e aínda  queda moito por avanzar e “devolucionar” neste senso.

Por iso apostamos pola Tenda da Gata On Line,  e os nosos servizos de Catering Km0, Talleres de Cociña Natrual ( tamén vexetariana e vegana) , eventos sostibles,  charlas e encontros de Consumo Responsable.

Dende o principio foi , é e será un proxecto de Consumo Responsable ou Consumo Consciente.  Por isto tamén ao longo do ano organizamos ou colaboramos con empresas de turismo galegas responsables para oferecer experiencias únicas, turísticas e gastronómicas para grupos reducidos, organizando entre todos actividades a medida e ofrecendo destinos máxicos que están escondidos pola nosa Terra Meiga.

Sempre digo, a tenda da Gata, física , on line, catering, talleres, cursos, visitas , experiencias…. é UN ESCAPARATE DO QUE SE ESTÁ A FACER EN GALIZA , dende o pequeno productor artesán , ecolóxico, rural, mariñeiro..  podedes contactar coa tenda da Gata para calquer información que precisedes.

Coñecemos Galiza, respectamos o medio natural e apostamos por unha vida en sintonía coa natureza. Os produtos de temporada son os que priman, o respecto á natureza, o artesán, o agricultor, o próximo… Fóra plásticos, alimentos quilométricos, miles de envases e de aparellos. Na Tenda da Gata podedes atopar e descubrir todo o que se está facendo dun xeito responsable e sustentable.

Se queremos medrar temos que alimentarnos, se queremos que Galiza medre temos que alimentala e respectala. KM0 e Movemento Slow.

Uso de cookies

Este sitio Web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a darnos o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa POLÍTICA DE COOKIES, fai clic neste enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies