CATERING SUSTENTABLE 100% Galego

CATERING RESPONSABLE E SOSTIBLE

Apostamos polas celebracións sinxelas, sustentables, con produtos galegos de calidade, decoracións adecuadas a cada unha delas , facendo destas un pequeno motor da economía local , facendo eventos responsable á hora de calquera reunión ou celebración.
Os nosos menús están elaborados con materias primas de gran calidade, artesás, de tempada, produtos de proximidade, produtos de comercio xusto e/ou ecolóxicos para completar os seus menús, como o café, o azucre, arroz o viño da terra, ecolóxico ou de produtor responsable, ou as cervexas artesás elaboradas en Galicia.
Podemos ofrecer diferentes menús, sinxelos, elaborados artesanalmente, caseiros. Un catering festa, evento, picnic, celebración responsable e sustentable. Desprazámonos á súa casa, local, xestionamos espazos en sintonía coa natureza, eventos diferentes, decorados con materiais reutilizados, reciclados.. etc.
Exemplos

Pulpeira
Vodas na illa de Ons
Elaboración de Paellas Xigantes  ecolóxicas e con produtos da terra
Carnes á brasa ( galegas)Pulpeira e cortador de xamón
Bodas campestres
Cortador de Xamón
Catering tipo picnic
Comidas de empresa
Visitas ao Parque das Illas Atlánticas con catering tipo picnic
Cumpreanos temáticos

Pode solicitar orzamento e información en contacto connosco e adaptámonos ao tipo de celebración ou evento que desexas, sempre utilizando produtos locais, saudables e sustentables, traballando conxuntamente con empresas coa mesma filosofía.

Uso de cookies

Este sitio Web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a darnos o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa POLÍTICA DE COOKIES, fai clic neste enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies